Friday 26 de April de 2024

Hoxe tivo lugar a segunda xornada, e que poñerá mañá o punto e final, do evento gastronómico en Miño onde o ‘Bolo Mariñeiro’


Hoxe tivo lugar a segunda xornada, e que poñerá mañá o punto e final, do evento gastronómico en Miño onde o ‘Bolo Mariñeiro’ foi o gran protagonista e conquistou o padal de todos os veciños e veciñas.

As persoas que se quixeron achegar á localidade puideron gozar deste manxar en calquera dos establecementos participantes: Acosta, A Tasca, Pizza Miño, Picotería Baía, Cancelo, A Carboeira, Náutico,Cervexaría Club Golf, Asador O pedrexal, Restaurante o Piñeiral, Savi e O Vello Parrulo.

Cada establecemento adaptou o Bolo á súa clientela e tamén á súa cociña, elaborándoo en diferentes tamaños. Por exemplo, algúns dos restaurantes xa o teñen dispoñible en carta ou menú do día, mentres que outros establecementos sérveno como petisco ou tapa.

O que non cambia é o recheo: a cebola chata, a bechamel e os bivalvos da ría. Para orientar ao visitante ou aos veciños e veciñas, o Concello de Miño tamén puxo ao dispor dos comensais un directorio en papel para consultar toda a información sobre onde e como degustalo.